Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Desmontando a Pardo de Cela

Unha investigación de Eduardo Pardo de Guevara, profesor do CSIC, conduce ao achado de varias copias do testamento orixinal do Mariscal//O texto revela datos históricos sobre a figura do nobre galego e resitúa a propia data da súa execución, que foi o 3 de outubro de 1483

A xulgar pola expectación que paira sobre a pequena sala do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento os asistentes á rolda de prensa -un nutrido grupo de xornalistas- parecen ter un interese directo, case familiar, na revelación testamentaria de Pardo de Cela. Que a derradeira vontade dun nobre feudal galego, executado hai máis de cinco séculos na Praza Maior de Mondoñedo, esperte tal interese é a proba máis evidende de que o Mariscal non morreu degolado unha mañá fría de 1483 senón que empezou a vivir preciamente nesa data: ao primeiro atrapado nos romances e cantares épicos cos que o pobo glosou a súa tráxica morte; e xa despois como alimento literario das obras de Vicetto, Antón Vilar Ponte e Ramón Cabanillas, que erguen a figura do Señor da Frouxeira como mito fundacional do nacionalismo galego.

O labor de investigadores e historiadores contemporáneos foi, até o de hoxe, o de desmontar -para rearmar- unha figura que transita gracilmente, coma os cervos das cantigas medievais, entre a lenda e a historia. E nese proceso inscríbese a revelación parcial, onte en Santiago, do seu testamento, localizado por Eduardo Pardo de Guevara y Valdés -profesor de investigación do CSIC e director do IEGPS- nos arquivos da Real Chancelaría de Valladolid. Foi alí onde Pardo de Guevara -ao fío das pescudas de Santiago Fernández Muras- localizou a executoria dun proceso xudicial que tivo o seu inicio no ano 1505 -e que enfrontaba, por mor dunhas terras, a unha neta do Mariscal, Dona Maior de Vaamonde, cos bispos de Mondoñedo-, no que se facía referencia ao testamento orixinal de Pedro Pardo de Cela. "Tiñamos a executoria do preito pero non a documentación orixinal, que se perdeu...", sinalaba onte, o profesor de Ponteceso, que no verán de 2011, no mesmo arquivo, bateu, por fin, coas copias do testamento do nobre feudal. "Dispoñemos de tres copias do testamento" -di Pardo de Guevara- quen sinala o galego como lingua orixinal na que se outorgou o testamento, un galego que se foi deturpando nas sucesivas copias que chegaron ás nosas mans. O contido, malia todo, semella inalterado e achega "un caudal informativo importante" arredor da figura do Mariscal.

Más información en Orbt y El Correo Gallego.

23 ene 2013 / 12:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito