Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
LALÍN

Destacan o labor de Aedeza e o impulso ao emprendedor

    Os conselleiros de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiron á V Xuntanza Empresarial da Asociación de Empresarios do Deza, Aedeza, onde se entregaron os galardóns ás iniciativas máis destacadas polo seu emprendemento, internacionalización ou traxectoria, entre outras distincións. Na súa intervención, Conde agradeceu a Aedeza o labor que vén realizando na comarca desde hai máis de 25 anos e que contribúe tanto ao impulso do emprendemento como ao desenvolvemento económico da zona. Ademais, ratificou o compromiso da Xunta cos empresarios e cos autónomos, que se materializa en iniciativas como as incluidas na Lei de Implantación Empresarial.

    02 dic 2019 / 21:18
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito