Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dez días con xogos para que os amesáns coñezan as súas vilas

Chegarán en xullo e agosto para a rapazada // O proxecto parte dos arquitectos e Apatrigal

A delegación compostelá do Colexio de Arquitectos de Galicia acolleu a presentación do libro A vila do mañá, Rianxo, das arquitectas Sandra González Álvarez e Emma López Bahut, a primeira publicación do proxecto La ciudad del mañana. E, precisamente, este programa de balde leva aparellados obradoiros vacacionais que, despois dos rianxeiros, chegarán ás dúas vilas amesás (en xullo e agosto), ademáis de a Verín (10 ao 14 de xullo), A Pobra (31 de xullo ó 4 de agosto), Mondoñedo (do 21 ao 25 de agosto) e Zaragoza (4-8 de setembro).
Deste xeito, para este verán xa están confirmados os obradoiros amesáns para Bertamiráns, do 3 ao 7 de xullo, e no Milladoiro, do 7 ao 11 de agosto. O obxecto do programa é incluir á infancia e adolescencia nos procesos de construción do espazo común, dotándolles das ferramentas necesarias para desenvolver a súa creatividade desde a arte e a arquitectura, co fin de provocar o espertar dunha nova mirada dos espazos nos que habitan. Sandra González sinalou que se busca estimular “unha actitude crítica para que comecen o seu desenvolvemento como unha cidadanía activa, pois eles serán os responsables da cidade do futuro”, dixo.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

20 jun 2017 / 18:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito