Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 02 febrero 2023
15:42
h
o día 24 de marzo ás 11:30 horas

Día da Auga, da Árbore e da Poesía na Insua dos Poetas en homenaxe a Xosé María Díaz Castro

    A Fundación 'Insua dos Poetas', presidida por Luis González Tosar, celebra o 24 de marzo o Día Mundial da Auga, da Árbore e da Poesía en homenaxe a Xosé María Díaz Castro, protagonista do Día das Letras Galegas 2014. O acto incluirá a presentación de “Nimbos” de Xosé María Díaz Castro (Ed. Galaxia) e terá lugar na proia Insua dos Poetas, no Carballiño (Ourense), ás 11,30 horas. Participarán escolares dos Centros de Ensino do Carballiño e estarán presentes o conselleiro de Cultura, o presidente da RAG e o da Deputación ourensá, ademais do alcalde da localidade ourensá.

    O programa ofrece as seguintes intervencións:

    - Armando Requeixo (autor de Xosé María Díaz Castro. Vida e obra).
    - Luís González Tosar (responsable da edición de Nimbos).
    - Xesús Alonso Montero (Presidente da RAG).
    - Alumnas e alumnos dos Centros de Ensino.
    - Argimiro Marnotes (Alcade do Carballiño)
    - Tomás Fernández Couto (Secretario Xeral de Montes-Consellería de
    Medio Rural e Mar).
    - Xesús Vázquez Abad (Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación
    Universitaria).
    - Manuel Baltar (Presidente da Deputación de Ourense)
    - Ofrenda floral no monumento Nimbos de luz do escultor Xosé Cid.
    - Entrega de libros.
    -Plantación de árbores a cargo dos alumnos, profesores, escritores,
    xornalistas e autoridades.

    O acto está organizado pola Fundación Insua dos Poetas e o Centro PEN Galicia, e patrocinado pola Deputación de Ourense e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    21 mar 2014 / 18:50
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito