Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 16 mayo 2022
03:08
h

Día da Poesía en Uruguai dedicado a Rodríguez Fer

LITERATURA O Patronato da Cultura Galega de Montevideo, histórica asociación dos emigrantes galegos en Uruguai, dedicará ao poeta lucense Claudio Rodríguez Fer, profesor da Facultade de Humanidades da USC, o próximo Día da Poesía Galega, celebración que cada ano se consagra a un autor vivo. A obra poética deste escritor consta de quince libros: catorce poemarios reunidos en Amores e clamores (Ediciós do Castro, 2011) máis a obra poético-visual Cinepoemas (1983), recentemente ampliada en reedición gráfica de Cristina Fiaño (Ouvirmos, 2016). Claudio Rodríguez Fer, entre outros galardóns, recibiu, entre outros, o Premio da Crítica Española en poesía por Tigres de ternura; e o Losada Diéguez de Investigación por Poesía galega.

20 nov 2016 / 18:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito