Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Díaz Castro protagonizou o tributo da Ínsua dos Poetas

O Centro PEN organizou no Carballiño, arredor do libro ‘Nimbos’, a celebración do Día da Poesía, a Árbore e a Auga

A Insua dos Poetas acolleu un ano máis, onte, a celebración dos actos do Día Mundial da Poesía, a Árbore e a Auga, desta volta coa presentación no lugar de Esgueva, Madarnás, O Carballiño (Ourense), da edición de Galaxia do poemario Nimbos, de Xosféa María Díaz Castro, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. O acto contou coa presenza de Armando Requeixo, autor de Xosé María Díaz Castro. Vida e obra, de Luís González Tosar, presidente do Centro PEN de Galicia e responsable da edición de Nimbos; e do presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero.

Arredor de cento oitenta alumnas e alumnos de cinco Centros de Ensino da comarca participaron nun acto literario –que se desprazou ao auditorio do Carballiño–, así como na ofrenda floral no monumento Nimbos de luz, do escultor Xosé Cid e na plantación de árbores. Canda os escolares participaron tamén na celebración profesores, escritores, artistas, xornalistas e autoridades. Entre a nómina de autoridades que concorreron a este acto figurou o conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez; o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes; o secretario xeral de Montes, da consellería de Medio Rural e Mar; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Pola súa parte Xabier Martínez foi o encargado de ler o manifesto do PEN co gallo do Día Mundial da Poesía, que se celebrou o pasado 21 de marzo.

No acto tamén interviu o o ensaísta e crítico literario Armando Requeixo, quen realizou unha semblanza da vida e da obra do autor, e Xosé M. Soutullo, en representación de Editorial Galaxia. No transcurso da celebración repartíronselle exemplares de Nimbos aos escolares participantes.

tendencias@elcorreogallego.es

24 mar 2014 / 21:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito