Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

'Do dereito e do revés', a nova comedia familiar para os mércores da TVG

Chega mañá a serie creada por Xosé Cermeño con Víctor Fábregas no reparto

A serie Do dereito e do revés vai facer a súa estrea mañá na Televisión de Galicia (TVG).

Creada por Xosé Cermeño, esta comedia conta con actores de sona como Víctor Fábregas e Sergio Pazos, ademais de Susana Sampedro, Casilda Alfaro, Alberte Montes, Xoel Fernández Alicia Armenteros, entre outros.

Do dereito e do revés é u­nha comedia familiar chea de enredos e sorrisos.

A trama fala dunha muller madura chamada Adela que volve á vila na que ten as raíces e seu fillo Moncho, avogado sen éxito, separado de Sara, dona dun ximnasio de artes marciais. O letrado vive coa filla de ambos, Lucía. Esta serie é un proxecto de Think First, feito en colaboración con CTV.

A producción executiva é cousa de Silvia Carnero e a dirección dos episodios de Manuel Espiñeira.

Comedia con galegos que necesitan un avogado, vai ter mañaá mércores o inicio da súa andaina inicial 13 capítulos de 70 minutos de duración e tramas autoconclusivas.

Está no xénero da chamada comedia de situación, un formato que segue a ter máis fidelidade por parte dos espectadores, incluso nos proxectos drámaticos, as tramas de humor baseadas nos enredos xerados por as confusións e os malos entendidos acadan grande adeptos nunha amplia franxa de público.

A súa chegada é parte dos esforzos de Televisión de Galicia por empurrar o audiovisual galego, Do dereito e do revés é unhas das maiores apostas da TVG.

09 dic 2019 / 22:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito