Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O DOCUMENTAL “VALGA, A SINFONÍA DAS IDEAS” ESTRÉASE ESTE VENRES NO AUDITORIO CON ENTRADA LIBRE

O traballo audiovisual pon en valor a industria e a actividade económica no municipio // O acto incluirá unha actuación musical a cargo de Rosa Cedrón e unha degustación de produtos da terra

O Auditorio Municipal acolle o vindeiro venres, 20 de decembro, a estrea do documental “Valga, unha sinfonía de ideas”, que pon en valor a industria e a actividade económica no municipio.

O traballo audiovisual foi realizado pola productora Xurdir e está patrocinado polo Concello de Valga e preto dunha vintena de empresas a través das cales se quere promocionar o potencial económico e a capacidade innovadora que hai en Valga.

As empresas que aparecen recollidas no documental son moi heteroxéneas, dende as grandes industrias asentadas no municipio, a proxectos históricos e familiares, representación do sector servizos, iniciativas novidosas e outras recén creadas. O obxectivo é realizar un retrato o máis fiel posible da realidade empresarial valguesa.

O acto de estrea de “Valga, a sinfonía das ideas” dará comezo ás 20:30 horas e nel intervirán o alcalde, José María Bello Maneiro, e o director da produtora Xurdir, Ignacio Seijio. Belén Xestal será a presentadora e haberá unha actuación musical a cargo de Rosa Cedrón.

Para rematar, todos os asistentes poderán degustar unha selección de produtos da terra.

A entrada é libre e gratuíta para todas as persoas que queiran asistir.

21 dic 2019 / 08:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito