Dodro publica a obra gañadora do XXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
Sar. O Concello de Dodro acaba de publicar a obra gañadora da vixésimo sexta edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. Trátase do poemario de Cristina Ferreiro Real, As paisaxes eléctricas. O traballo destacou frente a outros 42 poemarios pola súa fluidez e coherencia que "apoiándose en referencias cinematográficas e musicais, debuxa unha distopía tecnolóxica", sinalara entón o xurado do certame dodrense.
Coa publicación desta obra, o poemario engrosa a colección de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón editada por Sotelo Blanco na actualidade pero que naceu en 1991. A escritora é natural de Lugo, aínda que na actualidade reside en Granada. En 2006 deuse a coñecer co premio de poesía que patrocina o Concello de Ames con A extinción dos harmónicos.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt