Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dous mil euros en premios no I Torneo San Marcos 2019, do 18 ao 20 de abril

NOIA A primeira edición do Torneo San Marcos 2019 Concello de Noia terá lugar do 18 ao 20 de abril nas instalacións de Barbanza Golf Pitch & Putt en Macenda (Boiro), un torneo que repartirá 2.000 euros en premios. A competición terá lugar o xoves 18 e venres 19 de abril, a partir das 11.00 horas, e o sábado 20 de abril a partir das 17.00 horas. As inscricións poderán facerse ata as 19.00 horas do mércores 17 de abril no propio campo de Barbanza Golf, no enderezo electróncio barbanzagolf@gmail.com ou chamando ou enviando un whatsApp ao teléfono 651172 945. A cota de inscrición é de 15 euros para socios de Barbanza Golf e de 22 euros para o resto. A cita foi presentada onte polo concelleiro de Deportes dde Noia, Ramón Santos, e o presidente de Barbanza Golf, Alberto Colón. Repartiranse un total de 2.000 euros en premios, entre eles un cheque regalo de 500 euros ao hoyo en 1 no burato 18. Haberá premios para os tres primeiros clasificados das modalidades Scratch e Hándicap, así como para os tres primeiros de cada categoría. Agárdase un cento de participantes.

02 abr 2019 / 21:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito