Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Duplican os circuítos do ecoparque arbóreo de aventuras de San Roque

Pasará a ter seis, en virtude dunha axuda de Turismo de Galicia de máis de 31.000 €

    O Concello de Ribeira e Axencia de Turismo de Galicia asinaron un convenio para a ampliación do ecoparque arbóreo de aventuras de San Roque.

    Dito organismo cofinanciará a actuación con 31.245 € (o 65 % do investimento total, que é de 48.070 €). O obxectivo é potenciar o interese desta infraestrutura como espazo de turismo activo, sacándolle maior potencial ás grandes posibilidades do parque periurbano de 175.000 m2 de superficie. Así, pasará de tres a seis circuítos. Os xogos que se van implementar revestirán maior dificultade que os xa instalados. Un dos novos estará equipado con rocódromo, rondinos locos, ponte de corda, unha tirolina de 17 metros e outra de 200.

    Outro disporá de escaleira de cordas, parede de paso, trapecio sentado, ponte balancín e cable de equilibrio. O terceiro levará unha escaleira de cordas, lianas múltiples, rede de troncos e tirolina de 150 metros.

    O prazo de execución dos traballos que se van levar a cabo é de dous meses.

    31 oct 2019 / 20:53
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito