Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Educación garante ao colexio Santa Baia de Boiro "atención total"

Pais e nais protestaron polo plan para eliminar un grupo de Primaria e reclaman dous docentes

Máis dun cento de nais e pais de alumnos do CEIP Santa Baia de Boiro concentráronse onte fronte ó centro contra a intención da Consellería de Educación de eliminar un dos tres grupos de Primaria.

Segundo lles informaron, a medida débese a que non se alcanza a ratio de 25 escolares. Pero os proxenitores sinalan que non se ten en conta aos repetidores, que se inclúe aos que virán doutros colexios e que hai un nivel elevado de nenos e nenas con necesidades especiais (máis de vinte).

Tamén piden outros dous docentes: un de Audición e Linguaxe e outro de Pedagoxía Terapéutica (hay dous de cada disciplina).

Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, sinalou respecto diso que "estamos a falar de adaptarnos ás necesidades de cada centro", que "está blindada ó 100 % a atención educativa" e que "estamos mantendo unhas ratios moi positivas, pois mentras noutras comunidades é de 30 nenos por grupo en Infantil e Primaria, no mencionado centro boirense é de 22, sendo a ratio galega de 25". Neste senso engadiu que "aínda temos capacidade de asumir alí a 6 nenos máis nas dúas aulas".

"Respectamos calquer demanda que poida haber, pero as ratios nese centro están por debaixo das máximas establecidas. Todos os casos de necesidades especiais valóranse e, de ser necesario, segundo os criterios técnicos, incorpóranse os distintos especialistas en función das necesidades detectadas", manifestou.

Tras matizar que "Galicia é pioneira en educación inclusiva, con dez mil profesionais", o representante autonómico afirmou que "no CEIP Santa Baia non hai ningún tipo de recorte; si houbera máis alumnos, habería máis unidades. Ogallá fose así. Sería algo moi positivo. E así os estamos facendo naqueles concellos nos que está aumentando a poboación escolar: creando novas unidades educativas e construíndo colexios alí donde é necesario".

"Incorporaranse os profesionais que sexan necesarios segundo os criterios técnicos", insistiu.

19 jun 2019 / 21:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito