Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Efa Piñeiral conquistou os padais da man de Bea Sotelo

Os alumnos do Efa Piñeiral de Arzúa puxeron todos os seus coñecementos gastronómicos sobre os fogóns, guiados en todo momento pola súa mestra e estrela Michelín Beatriz Sotelo, para ofrecer na Festa do Melindre novidosas elaboracións con masa de rico.
Compre lembrar que nesta edición do festexo con máis sabor de Melide, xa que está protagonizado pola súa repostaría tradicional (melindres, amendoados e ricos), foi nomeada Beatriz Sotelo como embaixadora, para poñer en valor a gastronomía da vila. Dende o Concello de Melide destacaron dela o recoñecemento como campioa de España nun concurso a nivel nacional no que participaron mil restauradores, e tamén fixeron fincapé no prezado galardón internacional da estrela Michelín.
Actualmente Beatriz Sotelo concilia a súa labor restauradora coa docencia, e pola súa implicación en todo o que traballa, liderou a presentación das creacións que alumnos dos ciclos de formación profesional do Efa Piñeiral prepararon para a Festa do Melindre. En concreto #QuéRico, #DoceRico e cupcakes con crumble e masa de rico foron as sobremesas que se puideron degustar ou mercar no evento feitas coa xenuina masa de rico melidense.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

16 may 2017 / 19:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito