Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 27 octubre 2021
08:22
h
ARZÚA

Efa Piñeiral gradúa novas auxiliares de enfermaría

    O centro de formación profesional Efa Piñeiral de Arzúa vén de celebrar o acto de graduación das alumnas da promoción 2016/17 do ciclo de formación profesional Coidados Auxiliares de Enfermaría. No acto, a parte dos alumnos e familiares, estivo o presidente da asociación Efa Piñeiral, César Ayude, e o presidente das Efas galegas, Gabriel Tirapu. O padriño da graduación foi o médico estomatólogo José Luis Araújo, que destacou a alta consideración dos alumnos formados en Efa Piñeiral entre as empresas de saúde “non só polos coñecementos teórico-prácticos que posúen, senón tamén, e quizais máis importante, pola instrucción recibida en valores, en actitude e en vocación, aspectos tan ou máis valorados que os meramente curriculares”.

    18 dic 2017 / 20:37
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito