Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

'Elas', de Aurora Marco, recolle a vida e obra de 400 mulleres ao longo da historia

    OURENSE Catrocentas mulleres relatan coa súa vida e obras 15 séculos da historia galega. Así pode resumirse o libro de gran formato Elas, unha publicación na que destaca a excelencia da súa edición e a pormenorizada investigación biográfica e historiográfica por parte da investigadora e profesora Aurora Marco quen, da man de Xanela editorial, "alumea unha obra que supón unha homenaxe á muller e a todo o que significou para o progreso de Galicia ao longo dos tempos", dixo o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, na presentación desta publicación no mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo.

    Xunto co proxecto editorial, o presidente provincial, acompañado polo alcalde do concello, Carlos Gómez, inaugurou a mostra exposta neste histórico edificio, na que participan oito artistas cuxas obras ilustran Elas.

    Manuel Baltar destacou que a cultura "permanece no tempo, e o feito de recoñecer a vida e obra das mulleres galegas, ás máis coñecidas e as anónimas, de todas, porque todas son protagonistas, significa homenaxear á nosa historia".

    Manuel Baltar

    pte. deputación de ourense

    "Este libro supón unha homenaxe á muller galega e a todo o que ela significou para o progreso de Galicia ao longo dos tempos"

    03 jun 2018 / 20:49
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito