Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 09 agosto 2020
02:31
h

Elías J. Feijó Torres substitúe a María José López Couso no decanato de Filoloxía

ELIXIDO O profesor Elías J. Feijó Torres foi elixido novo decano da Facultade de Filoloxía por 79 votos a favor e 23 en contra, na votación celebrada o pasado 3 de marzo. Nacido en Tui en 1964, é profesor titular do Departamento de Filoloxía Galega.

Licenciado en Filoloxía Hispánica, o novo decano doutorouse con Premio Extraordinario no ano 1996 cunha tese sobre as relacións literarias e culturais de Galicia e Portugal. Coordinador do grupo de investigación Galabra, é tamén investigador principal de varios proxectos de investigación e autor de artigos e monografías sobre literatura, cultura, narrativa e comunidades.

Foi vicerreitor de Cultura da USC entre os anos 2006 e 2009, así como presidente da Associaçao Internacional de Lusitanistas (entre 2008 e 2014) e director nese período da revista Veredas.

Profesor ou investigador visitante convidado en varias universidades, impulsa diversos movementos asociativos e de voluntariado. Na actualidade é coordinador pedagóxico da Asociación Educativa Altair Galiza e director da súa Escola de Tempos Libres.

11 mar 2020 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito