Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Elisabet Ríos gaña o I premio de poesía Rosalía de Castro

O xurado valorou a “proposta innovadora” de ‘Café intenso’ // Entrégase o día 14 en Padrón

O recén creado certame poético Rosalía de Castro, promovido polo Concello de Padrón en homenaxe a autora de Follas Novas, acaba de estrenar a súa lista de premiados. O xurado do concurso poético, reunido onte no salón de plenos da casa consistorial padronesa, daba a coñecer onte o nome da obra gañadora. Trátase do poema Café intenso, de Elisabet Ríos Liste, de A Coruña.

Según a acta, o xurado elexíu estos versos, dos nove que se presentaban a concurso, valorando "a estrutura unitaria do poemario e a proposta innovadora na tradición europea experimental que, a partir do cotiá, constrúe un universo poético narrativo en conexión coas artes visuais".

O xurado estivo presidido polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira Viturro, a quen acompañaban Dolores Vilavedra, profesora de literatura galega da Universidade de Santiago; Ana Acuña, profesora de lingua e literatura galega da Universidade de Vigo; Olivia Rodríguez, profesora de filoloxía galega da Universidade de A Coruña, e María Jesús Senín, profesora de lingua e literatura galega do IES Camilo José Cela da capital do Sar. Actuou como secretaria a técnica de cultura de Padrón, Cruz Taboada.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

09 may 2015 / 20:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito