Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Emilio Fonseca gaña o Castelao de Banda Deseñada

O xurado, que elixiu por unanimidade ‘Fóra de mapa’, destacou o seu rico e estruturado guión

A obra Fóra de mapa, de Emilio Fonseca Martín (Ourense, 1978) foi seleccionada por unanimidade do xurado como gañadora do XI Premio de Banda Deseñada Castelao da Deputación da Coruña. Destacou a necesidade de abrir unha nova liña destinada a público infantil e xuvenil.
Un xurado composto polos recoñecidos autores Miguelanxo Prado, Juan Díaz Canales e Jorge González Varela, e presidido pola responsábel da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín decidiu premiar, por unanimidade, a obra Fóra de mapa, de Emilio Fonseca Martín, presentada co lema Mariña aboa. Destacaron como finalista Terra Incógnita, presentada co lema MAD+DOG.
Na deliberación insistiuse na posibilidade de creación dunha nova categoría para banda deseñada destinada ao público infantil e xuvenil e, neste sentido, destacou moi especialmente a obra Curuxa. A voz de Azazel, presentada co lema Curuxa, “perfectamente publicable, e que pon de manifesto a necesidade de abrir unha vía específica para as obras dirixidas a un público infantil/xuvenil dentro do Premio de Banda Deseñada Castelao”.
A responsábel da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín, valorou especialmente esta proposta que contribuiría a crear novo público lector de banda deseñada na nosa lingua.
O xurado apreza en Fóra de mapa unha obra de gran ambición “cun guión rico, ben documentado e estruturado; un debuxo eficaz con moi bos recursos expresivos e bo tratamento da imaxe que provoca unha lectura fluída e engaiolante”, segundo o fallo.
Emilio Fonseca Martín (Ourense, 1978), reside en Barcelona e é licenciado e investigador en Comunicación Audiovisual pola Complutense de Madrid.

12 ago 2016 / 19:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito