Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 04 agosto 2020
22:26
h
Director da Clínica Dermatolóxica e Medicina Estética Dermalar

Emilio del Río : “No tocante á pel no outono hai que facer reconto de baixas e desperfectos”

“O outono e o inverno son ideais para pequenas intervencións ‘suaves’ ou para técnicas de láser” // “A alta cosmética ten prezos altos, o que non significa mellor calidade ou maior efectividade”

O doutor Emilio del Río, que xa cumpriu as súas vodas de prata coidando da nosa pel e gozando dunha lexión de fieis doentes, lembra que tras o verán as consultas dermatolóxicas aumentan ata nun terzo, sendo os fungos e a pel seca os principais problemas. Desmonta o mito de que o cabelo cae máis no outono e tamén derriba falsas crenzas sobre a necesidade de gastar moitos cartos para coidar a nosa pel. O experto compostelán asegura que xa hai produtos bos por menos de trinta euros. Eso si, fai fincapé en que a pel hai que coidala todo o ano, e non dubida en que o mellor cosmético é gozar dunha felicidade serea das cousas importantes da vida.

Acabamos de deixar o verán, ¿como está a nosa pel despois do sol, o mar ou o cloro das piscinas?
Aparentemente mellorada, bronceada, máis lucida. Todos queremos que ese toque tostado que tanto nos custou conseguir (especialmente nun verán como este pasado) nos dure. Os dermatólogos vémolo distinto: é unha época de reconto de baixas e desperfectos, por usar unha terminoloxía bélica. Pero non todo é negativo. As persoas con psoriase ou eccemas, os nenos con dermatite, as persoas con problemas de pigmentación melloran ostensiblemente co sol, co verán e coa tranquilidade das vacacións e gozan da mellor etapa do ano.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y Orbyt

12 oct 2014 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito