Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
{PROGRAMA INCORPORA DE ‘LA CAIXA’ XUNTO A FEAFES}

Empregada despois de dous anos no paro grazas a Nosa Señora dos Ollos Grandes

"Dádeme un punto de apoio e moverei o mundo", dicía Arquimedes. Para Patricia a palanca, tras dous anos buscando emprego sen éxito, foi o programa Incorpora de La Caixa, ao que accedeu a través de Saúde Mental Feafes Galicia. "Faláronme dos servizos que ofrece a federación e fun pedir información. Iniciei a orientación laboral e faláronme do Incorpora e o seu funcionamento. Chamoume a atención e dinme de alta. Non tiña nada que perder e animeime", di Patricia.

As orientadoras laborais traballaron con ela nun itinerario personalizado de inserción, marcando moi ben os seus obxectivos e método de busca de emprego. "Este proceso foi dos máis complicados pois recoñezo que estaba moi encasillada nun perfil laboral, o de persoal de supermercado. Quizais por medo, desconfianza ou non verme capaz non me animaba a buscar outra cousa. Tras moito traballo e esforzo, decidín ampliar a miña procura a outros lados. E mira que ben me foi!", relata Patricia.

A empresa Nosa Señora dos Ollos Grandes tamén confiou no programa para buscar persoal para o posto de lavandería, compartindo a oferta no grupo a través de CaixaBank. "Avisáronme desde Feafes de que había dispoñible un posto alí e que se trataba dunha boa oportunidade para enviar o meu currículo", dixo. A pesares das dúbidas, así foi, e a empresa decidiu darlle unha oportunidade, e hoxe tanto ela como no sanatorio están moi satisfeitos.

09 dic 2019 / 22:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito