Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A empresa valguesa Instalaciones Nurmel renovará o sistema de climatización do CODI

A instalación actual sufriu unha avaría irreparable e cambiarase por unha nova bomba de calor // As obras contan cunha subvención da Vicepresidencia da Xunta de Galicia

    A empresa valguesa Instalaciones Nurmel S.L. resultou adxudicataria das obras de substitución e mellora do sistema de climatización do Centro para persoas con Discapacidade (CODI), un proxecto no que se investirán 39.582’85 euros e que está subvencionado pola Xunta de Galicia, en concreto pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

    A instalación de climatización coa que conta este edificio está xerando, nos últimos tempos, unha serie de problemas derivados do seu mal funcionamento. Trátase dunha instalación aire-aire, que non é o sistema máis axeitado para a tipoloxía do inmoble e, ademais, rexistrouse unha avaría na máquina principal que fai inviable a súa reparación, dado que dita máquina se atopa descatalogada. Estas circunstancias merman o servizo que alí se ofrece aos usuarios do propio CODI e tamén aos do Centro de Información á Muller (CIM), un servizo gratuíto que se presta no mesmo edificio.

    O proxecto subvencionado polo Fondo de Compensación Ambiental contempla a substitución da máquina principal da instalación de climatización e a colocación dunha nova bomba de calor aire-agua, un sistema máis eficiente e sustentable.

    06 jul 2019 / 09:34
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito