Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 02 diciembre 2021
20:53
h

'Enrugas', a tenra historia de amizade entre anciáns

Banda deseñada escrita e debuxada por Paco Roca que presenta un relato de auténtico compromiso entre amigos

Enrugas narra a tenra historia de amizade entre dous anciáns. Nela Emilio, recén chegado á residencia, comparte cuarto con Miguel, un veterano que lle axuda a integrarse, dándolle a súa particular visión sobre as regras, as rutinas, os residentes e os espazos do seu novo domicilio.

Na cuberta, a imaxe avanza información sobre o tema de fondo, xa que presenta a tres anciáns de aspecto amable, riseiros.

Da cabeza dun deles escápanse e voan unhas fotografías antigas de cor sepia que simbolizan as lembranzas que se esvaécense da memoria de Emilio. Desta maneira visual, abórdase, desde a primeira ollada, unha das consecuencias da enfermidade do Alzhéimer que padece o protagonista.

El Patito Editorial presenta unha edición moi coidada. Trátase dun libro de tapas duras, no que se presta especial atención aos paratextos, como por exemplo as gardas (unhas follas engurradas) que xogan visualmente co título da obra, as páxinas de créditos con debuxos ou a introdución do autor con letra manuscrita.

Más información en El Correo Gallego y  en Orbyt

08 oct 2012 / 20:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito