Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A enxeñeira Miriam Pena foi galardoada co premio Ada Byron informática

O Colexio de Enxeñeiros Informáticos de Galicia desvela os recoñecementos de 2018

O Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) ven de fallar os premios da X Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que se entregarán o 15 de xuño en Santiago. Son nove distincións anuais que corresponden a diversas categorías onde os colexiados recoñecen as iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da enxeñaría en informática.

O premio Ada Byron, dirixido a mulleres enxeñeiras en informática, recaeu este ano en Miriam Pena. O CPEIG valorou a súa meteórica progresión profesional, seleccionada pola plataforma Women 2.0 como unha das doce enxeñeiras máis importantes en Silicon Valle en 2018.

Natural de Bueu, Pena traballa actualmente na compañía de software publicitario AdRoll en San Francisco (EE UU), onde desempeña a función de enxeñeira de plantilla, un dos postos máis relevantes dentro dunha compañía tecnolóxica.

Polo que respecta ao premio Traxectoria Profesional, o colectivo recoñece o percorrido profesional de Lucía Ardao, licenciada en Informática e Máster en Telemática pola Universidade da Coruña, programa de Alta Dirección AMP da IE Business School e programa Executiva da Xunta son algúns dos méritos académicos de Ardao. En relación ao premio Colexiado de Honra, o CPEIG decidiu conceder esta distinción especial ao presidente do Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería en Informática (CCII), Juan Pablo Peñarrubia.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

05 jun 2018 / 21:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito