Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL CONMEMORA O DÍA DA PAZ CUN MURAL

O persoal e o alumnado do centro confeccionaron unha pancarta co lema “Xuntos formamos a paz”

    Os centros educativos de Valga celebraron esta mañá diversas actividades con motivo do Día da Paz e da non violencia, que se conmemora cada 30 de xaneiro coincidindo co aniversario do falecemento de Mahatma Gandhi.

    Un exemplo foi a Escola Infantil Municipal, na que o alumnado e o persoal docente elaboraron un mural conmemorativo co lema “Xuntos formamos a paz”. Todos os nenos aportaron o seu grao de area na confección da pancarta, que incluía no centro o debuxo dunha pomba, símbolo da paz.

    Arredor dela, os alumnos foron colocando as pegadas das súas mans e os mestres acompañáronos con varias frases sobre a paz. “Non chega con falar de paz. Un debe crer nela e traballar para conseguila” ou “A paz está nas nosas mans”, eran algunhas das consignas que podían lerse.

    12 feb 2020 / 00:18
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito