Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A ESCOLA INFANTIL RECIBE NOVO EQUIPAMENTO E EXECUTA MELLORAS NOS PARQUES DE XOGOS EXTERIORES

As obras consistiron na instalación de céspede artificial e pavimento de caucho para unha maior seguridade dos nenos // As actuacións foron subvencionadas pola Xunta de Galicia e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

A Escola Infantil Municipal vén de recibir novo material para o desenvolvemento da actividade educativa e de executar obras de mellora nos parques de xogos exteriores, actuacións subvencionadas pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Entre o novo material co que conta o centro atópanse un valado protector de interior, catro coches de xoguete, cinco crebacabezas, cinco encaixables, dúas caixas de títeres e outras dúas de bloques, un cubo sensorial, contos e outros xogos de motricidade.

A escola tamén recibiu unha cámara fotográfica, unha tableta con protector de pantalla e funda, un proxector, un equipo de música e dous altavoces, entre outro equipamento.

No tocante ás obras realizadas, estas afectaron aos patios exteriores, en concreto ás zonas de parque. Instalouse un novo pavimento que combina caucho, naqueles puntos nos que están instalados os elementos de xogo, e céspede artificial no resto da superfice.

Estas melloras foron solicitadas polo Concello á Consellería de Política Social no marco dunha liña de axudas para a mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís dependentes das corporacións locais.

12 dic 2019 / 23:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito