Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Manuel sánchez gálvez, Enxeñeiro industrial

“Escribir supuxo para min unha gran axuda en momentos difíciles”

{ Granada, 1974 } Ficción e realidade danse a man na primeira novela de Manuel Sánchez Gálvez, un enxeñeiro industrial que dende hai anos vive en Vigo, urbe da que quedou prendado dende o primeiro momento, e que hoxe enxalza na súa obra. O capitán Nemo e unha muller actual son os protagonistas de Mälstrom, Mälstrom.

Mäelstrom, Mäelstrom é unha historia de aventuras na que ficción e realidade se dan a man, como describiría vostede esta novela?
Esta é unha novela que xorde dun relato breve e na que se mesturan dúas historias, que non teñen nada que ver na forma pero moito en común no fondo. Unha é a historia do capitán Nemo das Veinte mil leguas de viaje submarino, que tras o afundimento do Nautilus aparece en Vigo, onde a súa vida trascorrera paralela ao desenvolvemento da cidade dende o momento no que era unha aldea de pescadores ata o século XX. A outra é a historia dunha muller que é directiva nunha multinacional da industria naval en Vigo e merca unha vivenda ao carón do porto, na que atopa o diario do capitán Nemo.

Vostede non é natural de Vigo, porén dende o primeiro momento sentiuse moi identificado coa cidade e ao longo do libro enxalza a urbe viguesa, era un obxectivo co que xorde a historia ou é algo circunstancial?
A idea orixinal do libro chegou a min cando estaba vendo unha pintura do pintor surrealista Urbano Lugrís na que se pode ver a un mariñeiro fumando en pipa e pechado nunha botella de cristal. Naquel momento, pensei como podería estar un mariñeiro que non pode saír, e inmediatamente identifiquei o mariñeiro con Nemo, e á botella de cristal coa cidade de Vigo.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

09 ago 2016 / 20:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito