Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
doce metros de papel

A escrita poética de Helena Villar remansa no libro ‘Remontar o río’

A escritora presentou onte en Santiago, canda a artista plástica Luz Darriba, a edición dun singular poemario

A palabra poética de Helena Villar Janeiro vén de remansar no esteiro dun libro "alegre, vital" que leva por título Remontar o río e no que a poeta cifrou a expresión máis depurada da súa escrita. É un libro singular, doce metros de papel, dobrados a man a xeito de acordeón, dunha musicalidade esencial e vitalista. Onte presentouno en Santiago, na Igrexa da Universidade, perante un auditorio inusitadamente numeroso. Canda ela a principal coautora deste volume –publicado por Tirar do Fío Edicións– a artista uruguaia, de orixe galega, Luz Darriba. E tamén Aymara Ghiglione, deseñadora e maquetadora do que é, en si mesmo, un obxecto artístico en tiraxe limitada de cincocentos exemplares. Ao traballo colectivo que deu vida a este Remontar o río referíase onte Helena Villar coma "un crowdfunding de vontades e sororidade", pero tamén como unha pescuda no propio río da súa existencia.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

08 may 2014 / 21:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito