Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
O libro gañou o Premio Euseio Lorenzo Baleirón na edición do ano 2018

Estevo Creus, cando a poesía respira

Chan da Pólvora Editora publica “O lugar que non hai”, a nova entrega dun poeta de fisidade esmagante que este venres se presenta en Compostela cun recital

Chan da Pólvora Editora publica, por segundo ano consecutivo, o libro gañador do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, convocado polo Concello de Dodro como homenaxe ao falecido poeta da comarca ullá. Desta volta, é Estevo Creus, e o seu inquietante O lugar que non hai, quen chega ás libraría da man da Colección ELBa, deseñada como un ámbito propio para as obras recoñecidas con ese galardón. A colección, que se inclúe no catálogo de Chan da Pólvora Editora, xurde dun convenio do Concello de Dodro coa propia editorapara difundir coa máxima esixencia editorial o premio.

Estevo Creus estará este venres día 18, a partir das oito da tarde, na Libraría Chan da Pólvora de Compostela (Rúa de San Pedro, 74) para presentar o libro mediante un recital. Considerado un dos máis personais e hipnóticos recitadores do país, Creus percorrerá as páxinas de O lugar que non hai coa súa poderosa voz e a súa mirada, capaz de transportar os/as asistentes a latitudes de emoción turbadora.

A obra

Entre o visible e o invisible, a poesía. Esa parece a pulsión que desencadea e expande O lugar que non hai, un libro no que Estevo Creus se demerxe definitivamente nunha profundidade fantasmática, de realidades múltiples, onde as lectoras e os lectores quedan colocados fronte ás súas propias costas. Vertebrado sobre a oralidade que embebe de maneira característica a escrita de Creus, O lugar que non hai respira como un longo poema mamífero e cada unha das súas palabras é, ao mesmo tempo, palabra e xesto. Todo neste libro é prodixio, misterio, escintilante luz...

O autor

Estevo Creus (Cee, 1971) irrompeu na poesía galega en 1996 coa asombrosa forza dos seus Poemas da cidade oculta e Areados, dous libros que amosaban a singularidade dun autor que, desde entón, traballa entre os límites literarios e os ámbitos da fisicidade oral. Integrante do Batallón Literario da Costa da Morte, membro fundador de Letras de Cal, psicólogo de profesión e performer en colaboración co seu irmán David, Estevo Creus publicou títulos como Libro dos cans ou Decrúa. O lugar que non hai permitiulle gañar por segunda vez o Premio Lourenzo Baleirón, acadado xa con Areados.

17 ene 2019 / 10:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito