Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Organizadora da competición poética Slam.arousa

Esther Fernández Carrodeguas: “O gañador do torneo poético Slam.arousa irá a unha final estatal”

A rianxeira Esther Fernández Carrodeguas é, ademais da directora da compañía de teatro Airiños, organizadora, a título particular, dunha novidosa competición poética que terá lugar nos vindeiros meses en varios concellos da contorna da ría de Arousa, denominada Slam.arousa.

¿Que é Slam.arousa?

É un torneo entre poetas que se celebrará en diferentes localidades da ría de Arousa de outubro a marzo. Consiste en cinco torneos-base nos que competirán seis poetas, así como unha final á que acudirán os cinco gañadores dos torneos anteriores, máis aquel poeta non gañador que levara a máxima puntuación segundo o público. O gañador de Slam.arousa terá a posibilidade de viaxar fóra de Galicia para competir co resto de slamers locais espallados por toda a xeografía española.

¿Que foi o que a motivou a vostede para organizar este evento a título particular?

O pasado verán participei nun curso que organizou a editorial Axóuxere en Rianxo, precisamente sobre o Slam. Foi así como me enterei de que hai este tipo de competicións a nivel estatal e de que calquera pode organizar un a título particular, sempre e cando haxa seis torneos ó ano.

¿Cales son as normas?

Os textos deben ser propios e pódese recitar en calquera idioma. É máis: na final estatal, se o participante o solicita, pode recitar tamén no idioma que queira e mesmo contar con traducción.

Más información en su edición de Orbyt


 

27 sep 2012 / 21:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito