Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Estrada perde ao seu Fillo Predilecto Olimpio Arca

O cronista e historiador falecía onte na súa casa aos 86 anos // Foi un férreo defensor da lingua, prolífero escritor e gran docente

Conmoción, pesar e dor vivíase onte na Estrada pola perda dun símbolo local, dun deses homes bos e xenerosos, defensor da lingua, prolífero escritor, excelente docente e gran persoa, amén de ser Fillo Predilecto da vila: Olimpio Arca Caldas. O profesor xubilado, escritor e historiador, amén de ter acuñado o título de cronista estradense falecía na madrugada de onte no seu domicilio da capital de Tabeirós aos 86 anos de idade.

Aínda que nado en Cuntis en 1928 (donde tamén foi nomeado Fillo Predilecto), levaba moitos anos vinculado á capital de Tabeirós, donde recalou en 1952 como encargado do despacho de Renfe que facturaba mobles, se ben xa tiña daquela baixo o brazo o título de mestre. Comenzou a impartir a docencia nas escolas unitarias de Matalobos e Couso e logo desenvolvería as súas funcións de docente no colexio Villar Paramá, en San Xurxo de Vea, donde exerceu de director ata a súa xubilación en 1993.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

25 nov 2014 / 21:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito