Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
cultura

A Estrada vive a súa festa do idioma máis reivindicativa

Franco Grande, o fiscal Carlos Varela e o colectivo A Fervenza de Ouzande, recibiron onte os premios San Martiño ·· Anxo Lorenzo presidiu o acto no que soaron dende a tribuna mensaxes para a defensa do galego

Con música comezaba e remataba na Estrada a entrega dos premios San Martiño de normalización lingüística que vén outorgando dende hai xa 19 anos a asociaciación cultural O Brado da Estrada.

O teatro Principal acollía outro outono máis o acto de entrega dos galardóns, marcado polo debate que vive a cuestión do idioma en Galicia. Tras a actuación da Coral Estradense comezaba a edición máis reivindicativa duns galardóns que veñen premiando persoas distinguidas na promoción do galego. Abriu a quenda Xabier Camba Sanmartín, presidente da Asociación Cultural A Fervenza, da parroquia estradense de Ouzande. Camba lembrou os fundadores do colectivo, con 250 socios, e as múltiples actividades que veñen realizando dende 2001. Nun emocionado discurso no que lembrou a colaboradores finados, pediulles ás autoridades que non caeran na neutralidade á hora de defender o galego, "porque non estamos en contenda".

O fiscal xefe do TSXG, Carlos Varela, compartiu o premio cos seus colegas e lembrou que aínda queda moito por facer pola normalización no eido da xustiza, pese ao traballo andado. E por último, o escritor e avogado Xosé Luis Franco Grande, premio a toda unha vida, foi máis aló no seu discurso. Directo e punzante, o autor daquel dicionario galego-castelán que foi referencia nos 70 comparou a situación actual coa época da ditadura. "A esencia da democracia é o amor á complexidade. Cáusame pavor pensar en demócratas que non son quen de acometer a complexidade que dín que é o galego", dixo. O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e o alcalde, José Antonio Dono, pecharon o acto.

13 nov 2009 / 02:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito