Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 26 septiembre 2020
03:04
h

Éxito do concurso de A Táboa Periódica e Galicia

    QUÍMICA A Facultade de Química da Universidade de Santiago (USC) fixou onte a entrega de premios do concurso de carteis A Táboa Periódica e Galicia. A decana da Facultade de Química, Pilar Bermejo, presidiu un acto ao que asistiron uns 300 alumnos dos centros educativos que presentaron os 30 mellores pósteres. Entre eles, o primeiro premio (1000 euros), recaeu no póster titulado O Radon e a súa importancia, presentado por alumnado do IES Rosais 2 (de Vigo), foi elaborado por Paula Albizúa Simón, Irene da Aira González, Uxía Franco Acea, Antía González Simón, Sheila Gracia Rivera, Eva Lareo Manzano, Ana Wenai Lobo Lago e Mario Méndez Puga, estudantes de 1.º de BAC, e titorizado pola profesora Adriana Arca R­amos.

    25 may 2019 / 00:00
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito