Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
DÍA MUNDIAL

Éxito de participación na III Andaina Solidaria da Federación de Alzhéimer

O pasado sábado tivo lugar o acto central polo Día Mundial do Alzhéimer cunha acollida excepcional. Como novidade este ano a de formar parte do proxecto #OteuXacobeo impulsado pola Xunta que ten como obxectivo promocionar o Xacobeo 2021. Eran as 10.30 h do sábado cando centeares de persoas partían dende o Monte do Gozo ata o parque de Bonaval, pasando polo Obradoiro. A marcha, encabezada polo presidente da Federación Alzhéimer Galicia, Juan Carlos Rodríguez; o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, dirixiuse polas rúas da cidade para visibilizar e sensibilizar a poboación sobre a enfermidade de alzhéimer. Os representantes da Xunta resaltaron a importancia de por en marcha iniciativas desta índole que axudan a coñecer a labor das entidades sociais ás que a Xunta brinda o seu apoio. O alcalde Sánchez Bugallo recepcionou a entrada no obradoiro das case 200 persoas que participaron na marcha deste ano. Juan C. Rodríguez agradeceu a participación cidadá, e o compromiso das asociación galegas.

16 sep 2019 / 22:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito