Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Exposición dos traballos dos usuarios de Fonte da Virxe na Fundación Granell

SAÚDE MENTAL A asociación de saúde mental Fonte da Virxe organiza unha exposición dos traballos realizados polos seus usuarios no Centro de Rehabilitación e o Ocupacional. Esta mostra é posible grazas á colaboración coa Fundación Eugenio Granell, a cal acollerá a exposición na súa sede da praza do Toural, 8. Nela, poderán verse obras realizadas en diversas técnicas e formatos, todas elas artesanais, que comprenden traballos de cerámica, coiro, encadernación, etc. O fin é dar a coñecer á cidadanía a labor que realiza a asociación e o traballo que fan as persoas con problemas de saúde mental, coa fin de visibilizar ao colectivo e reivindicar o seu papel como parte activa da sociedade. Por iso, Fonte da Virxe quere dedicar a exposición a todos os socios/as, polo apoio, fidelidade e acompañamento a longo destes 25 anos. A inauguración da exposición terá lugar mañá, dia 10, ás 18.30 h., poderá visitarse ata o 15. Fonte da Virxe foi creada en xullo de 1994 coa finalidade de promover a recuperación das persoas con problemas de saúde mental, a súa integración social, a mellora da asistencia e a súa calidade de vida, así como a defensa dos seus intereses e dereitos.

09 dic 2019 / 22:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito