Exposición de Galicia Biodiversidade en Salceda de Caselas
Esta semana a Casa da Cultura de Salceda de Caselas acollerá dende o martes 24 de abril ata o sábado 28 a Exposición de Galicia Biodiversidade da Xunta de Galicia. Na exposición se tratarán os diferentes hábitats coas especies que o integran, así como a importancia na preservación dos mesmos coa fin de manter a biodiversidade e evitala extinción de especies.
Nesta exposición cóntase coa presencia dun guía que impartirá aos diferentes grupos de escolares a importancia do coidado do entorno. Os primeiros en visitala exposición serán os escolares do CRA Raíña Aragonta o martes día 24, sendo os alumnos do IES Pedras Rubias os que acudan o xoves
26 e por último o venres asistirán os alumnos do CEP Altamira.
O sábado poderase realizar unha visita guiada para todas aquelas persoas que o desexen só terán que apuntarse na Casa da Cultura ao longo da semana para poder facer os diferentes grupos.
Cándido Lorenzo Concelleiro de Medio Ambiente asegura que manter e garantir biodiversidade é necesario para poder seguir contando cos diferentes hábitats e coas especies que o integran e que ademáis o fan único. O mal uso destes ecosistemas pode por en perigo a todos os organismos que o integran. É traballo de todos coidar e preocuparse polo noso entorno e por iso hai que conservar e construir unha Salceda respetuosa cos Espazos Naturais que a integran