Fabiola García presidiu en Boiro o xantar da terceira idade
BOIRO Case 700 persoas participaron onte no Xantar de Confraternidade da Terceira Idade de Boiro, que se celebrou no polideportivo de Barraña. Á cita asistiron, entre outras autoridades, a conselleira de Política Social, Fabiola García; a deputada provincial Sandra González; e o alcalde, José Ramón Romero. Despois da comida un dúo musical animou a tarde para que todos puidesen bailar e pasalo ben.
14 feb 2020 / 20:26
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito