Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Falece aos 106 anos María Tecla Fariña, veciña de Tordoia

Ama de casa e gran amante dos animais, gozaba de boa saúde ata hai só catro meses

María Tecla Fariña González falecía o pasado sábado 21 á noitiña á idade de 106 anos. Atrás deixou unha intensa vida, que pasou íntegramente no seu concello natal: Tordoia. María naceu na aldea de Saboi e posteriormente trasladouse co seu marido Manuel á parroquia de Santa María de Castenda, onde mercaron a casa familiar, a mesma na que pasaría o resto dos seus días.

Tiveron cinco fillos: Eugenio, Preciosa, María, Manuel e Antonio. Persoas, ás que xunto co seu marido, se adicou en corpo e alma. Todos eles tiveron asemade que compartir atención cos animais: "Ao vivir nunha aldea temos finca con gatos, cans, galiñas... foi unha gran amante dos animais, especialmente das vacas", lembrou con agrado o fillo menor, Antonio.

Durante a súa longa vida tivo que sufrir a morte do seu home en xullo do 81 e tamén a do seu fillo maior, Eugenio. Pero puido superar cada dificultade grazas a atención que os seus pequenos lle propiciaron. Un deles vive en Suíza, pero os outros tres, solteiros, estiveron sempre na casa familiar, polo que María tivo a gran sorte de estar rodeada dos seus cada día. De feito, non era amiga da soidade, xa que segundo contaron os fillos "era moi alegre e sociable". Ata hai cerca de tres anos quedaba a diario para conversar cunha amiga do mesmo pobo. "Si teño que sinalar algo que a define, non podo esquecerme dos seus coñecementos e das súas historias, fíxonos rir ata os últimos momentos", conta Antonio.

María gozou sempre de moi boa saúde ata hai catro meses, que lle empezaron a fallar as pernas ao sufrir de úlcera de presión. "Comezou a perder o apetito e os antibióticos non lle sentaron ben", explicaron. Onte foi enterrada no panteón familiar en Castenda.

23 mar 2020 / 21:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito