Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Falece Chicho Losa, gran dinamizador cultural de Santiago co exalcalde Xerardo Estévez

Levaba varios días ingresado no CHUS por mor de problemas respiratorios // Tiña 84 anos de idade

Chicho Losa, o gran dinamizador cultural de Compostela que fora concelleiro de Cultura no equipo do exalcalde socialista Xerardo Estévez, faleceu este domingo pola tarde tras permanecer varios días ingresado no Hospital Clínico Universitario por problemas respiratorios. Hai un gran pesar no mundo da cultura polo pasamento de Chicho Losa, home dialogante e cordial, cunha gran habilidade para establecer pontes con propios e estranos, que chegou a exercer de tenente de alcalde e que foi artífice, por exemplo, darecuperación do Teatro Principal para enchelo decultura teatral, cultura cinéfila e cultura musical destacadas, cunha programación valorada por todos.

Chicho Losa contaba 84 anos de idade, foi concelleiro de Culturaentre 1983 y 1991, e despois asesor cultural moi apreciado pola súa capacidade e iniciativa. Era bioquímico e tivo unha relación apaixonada co fútbol, deporte que practicou na xuventude. Un dos seus fillos, José Luis, dirixe o certame cinematográfico Cineuropa, de repercusión internacional. O falecido estaba casado conAzucena García etiña outra filla, Delfa Losa, tamén pertencente á familia socialista de Santiago e que tamén foi concelleira en Compostela.

O falecido será velado no tanatorio santiagués de Boisaca.

27 ene 2019 / 20:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito