Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Falece Dositeo Rodríguez, exconselleiro de Presidencia, polo coronavirus

Tiña 84 anos e levaba dous días ingresado na UCI do Clínico de Santiago

Este xoves pasadas as dúas da tarde faleceu en Santiago Dositeo Rodríguez, que fora conselleriro da Presidencia e conselleiro do Consello de Contas, aos 84 anos de idade, no Hospital Clínico de Santiago. Fixera hai pouco unhaviaxe do Imserso coa sua dona, Carmela del Corral, a Lloret de Mar, en Cataluña, e ao regreso sentiuse mal. Foi diagnosticado de infección por coronavirus e ingresado no CHUS, onde desde estaba na UCI desde había dous días e onde loitaron pola súa vida con todos os medios dispoñibles. Era unha persoa moi estimada que, ademais, completou un percorrido político moi significado na época do goberno de Manuel Fraga e aínda despois. Hai só tres días publicou neste xornal un artigo titulado "¡¡Basta ya!!" no que reflexionaba sobre as repercusións sanitarias, sociais e políticas da crise do coronavirus. O artigo empezaba así: "Primera semana cumplida de internamiento, y empezamos a ver con claridad la situación en la que nos encontramos todos los españoles. Un virus muy peligroso que afecta sobre todo a las personas mayores, pero sin que los más jóvenes no estén también amenazados. A estas horas más de 2.000 muertos, 30.000 afectados y creciendo las cifras sin que tengamos seguridad alguna de cuando la maldita curva aplanará..."

Tras coñecerse a súa morte, o presidente galego e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, publicou unha mensaxe na súa conta de Twitter no que expresa o seu pesar pola perda de Dositeo Rodríguez."Sinto moito o falecemento de Dositeo Rodríguez. Un servidor público con maiúsculas, unha boa persoa e un bo amigo. Todo o noso agarimo para a súa familia. Que tristeza todo isto. Descanse en paz", di o chío de Feijóo.

Dositeo Rodríguez tiña 84 anos, era licenciado en Dereito e profesor mercantil. Foi interventor da Administración do Estado e interventor adxunto do Ministerio de Sanidade, xerente daUniversidade de Santiago de Compostelae interventor xeral daXunta de Galicia. Foi elixido deputado no Parlamento galego polo PPdeG (1993-1999) econselleiro da Presidencia e Administración Pública(1990-1999). Foi tamén concelleiro e voceiro do Grupo Municipal Popular no concello deSantiago de Compostelae vicepresidente daDeputación da Coruña(2003). Abandonou estes cargos en 2006, e en 2013 o goberno designouno membro doConsello de Contasen substitución deXosé Antón Orza.

27 mar 2020 / 14:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito