Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Feijóo calcula que a construción dos dous floteis requirirán mil postos de traballos directos

    O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, calcula que a construción dos dous floteles adxudicados por Pemex aos estaleiros galegos Hijos de J.Barreras e Navantia-Ferrol requirirán a intervención duns mil postos de traballo directos, aos que se deberán sumar os empregos indirectos que se xeren.

    Feijóo, encargado da clausura do seminario sobre novos 'tax lease' organizado por Pymar, celebrou a nova carga de traballo recibida polos estaleiros galegos e aproveitou para agradecer a intervención do Ministerio de Industria e directamente do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, en xestións co seu homólogo mexicano, Enrique Peña Nieto.

    "Aínda temos que ver exactamente o número de emprego que corresponde. Pero para facer dous floteles de 300 millóns de euros necesítase máis de 1.000-1.200 persoas traballando. Os estaleiros e a industria auxiliar xerarán postos de traballo para máis de 1.000 persoas, aos que hai que sumar os indirectos", avanzou sobre estes traballos sobre os que, segundo apuntou, o corte de chapa pode empezar o próximo mes de febreiro.

    Ao seu xuízo, estes contratos demostran que España ten "máis elementos" para ver a México como un "aliado fiel" e garantiu que, pola súa banda, os estaleiros galegos "non lle "van defraudar". "Estou convencido de que outros estaleiros de Galicia e España poden trasladar a Pemex toda a súa capacidade de traballo e dada a previsión que ten Pemex teña aos estaleiros españois no punto de mira", manifestou.

    O presidente da Xunta recoñeceu o seu respecto polo sector naval, que cre que reaccionou da forma "máis intelixente" ao conflito do 'tax lease' coa Comisión Europea e traballou demostrando que "se nos sumamos somos máis fortes".

    "Esa actitude non é frecuente en España e pode servir como antecedente para non abrir guerras fraticidas, senón convencer con boas razóns e bos argumentos", animou sinalando ao sector naval como un sector que pode contribuír á recuperación económica de España.

    Ao seu xuízo, as vantaxes do novo sistema de 'tax lease' son que foi avalado pola Unión Europea, polo propio sector e tamén "avalado polos feitos", como ao seu xuízo "demostran os contratos e pedidos realizados dende entón". "Ten que animar ao sector a seguir traballando na mesma liña", apuntou.

    APOIARSE NO SECTOR DO PETROLEO

    Feijóo cre que se demostrou a necesidade de "abrirse" e buscar alianzas coas grandes empresas do mundo, entre as que destacou as dedicadas ao sector do petróleo, que "segue necesitando a industria naval".

    Desta forma, o ano 2014 empeza "con máis estabilidade, máis confianza e máis oportunidades" porque ofrece uns estaleiros "saneados e solventes", que seguen facendo barcos "competitivos" poderían "aumentar a man de obra do sector".

    "A industria do petróleo é unha grande oportunidade para os estaleiros españois. Está acreditado que necesitan unidades que se contan por decenas e que son meses de carga de traballo para os estaleiros", insistiu desexando á industria naval española que recupere o seu protagonismo e mellore as expectativas de traballo.

    29 ene 2014 / 19:55
    • Feijóo calcula que a construción dos dous floteis requirirán mil postos de traballos directos');">Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito