Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Feiraco decora de Entroido as súas caixas e vai sortear vinte 'bicivacas'

Para participar hai que mercar unha caixa de leite, e o prazo remata o vindeiro 5 de marzo

    Ames. Feiraco vístese de Entroido un ano máis, e a marca láctea de referencia na cooperativa CLUN pon en marcha unha orixinal campaña promocional nas principais cadeas de distribución en Galicia e canles online, sorteando vinte orixinais bicivacas, con deseño personalizado e creadas pola firma galega Bicivintage, a auténtica boutique da bicicleta.

    Do mesmo xeito, a empresa con sede en Ames disfrazará as súas caixas co característico motivo carnavalesco da máscara nos seus tres protagonistas: Pantalla, Cigarrón e Peliqueiro, cuxo formato poderá recortarse permitindo o seu uso como careta.

    Os consumidores tamén optarán ó sorteo desas 20 bicivacas vintage con so mercar unha caixa de seis litros de calquera variedade de leite Feiraco para seguir logo a información que figura na páxina web (https://feiraco.es/destacado/promocion-carnaval-2019-feiraco-gana-unabicivaca/) e en Facebook (https://www.facebook.com/feiracolacteos/?fref=ts), rematando esta campaña o vindeiro día 5 de marzo.

    A promoción completarase con materiais de imaxe decorados con motivos carnavalescos nos puntos de venda de Galicia, e difundirase a través das redes sociais de Feiraco e dos medios de comunicación impresos e electrónicos (Facebook, Instagram, etc.). A cooperativa CLUN continúa, segundo os seus responsabeis, "fiel ao seu compromiso con Galicia e os seus valores propios (idioma, patrimonio, cultura, gastronomía, tradición...) que lle confiren unha identidade recoñecible e transmisible de xeración en xeración".

    18 feb 2019 / 22:27
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito