Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
cadro de honra

Fernando Aguado pon en órbita a Universidade de Vigo

Agora si que pode dicirse que unha universidade galega chegou ás estrelas. E é a de Vigo, institución que dende 2011 desenvolve unha carreira espacial tan exitosa que deixou detrás, moi detrás, ao resto de competidores. Eses logros, sen dúbida, teñen un nome, e non é outro que o do enxeñeiro Fernando Aguado, docente na Universidade de Vigo e responsable da Agrupación Aeroespacial da institución. Grazas ao seu traballo, valía e capacidade, a UVigo terá o próximo ano orbitando ao redor da Terra nada menos que sete satélites. Ninguén esquece o Xatcobeo, o pioneiro desta particular e imparable carreira espacial viguesa, ao que se sumaron outros tres proxecto e un máis que será lanzado o día de Nadal, como os dous restantes que sairán ao espazo o próximo ano. Pouco e moito queda por dicir. As cifras e os rotundos éxitos explícano todo.

29 nov 2018 / 21:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito