Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
O Porriño

O Festival de Cans dalle a María Bouzas o seu Pedigree

O premio Pepe Pruíme vai distinguir á veciña Divina Campos e ó actor Juan Ibáñez

    A actriz María Bouzas recibirá o premio Pedigree que concederá a organización do Festival de cinema de Cans (O Porriño) na súa edición de 2014, en recoñecemento á súa traxectoria como actriz de teatro, cinema e televisión, informaron os promotores do certame nun comunicado.

    María Bouzas, que recibirá un galardón que en anos anteriores recaera en Manuel Manquiña, Antonio Durán Morris ou María Pujalte, contribuíu desde os seus inicios ao desenvolvemento e visibilización do teatro galego e é grazas á súa participación en series como Terra de Miranda unha das caras máis coñecidas entre o público galego.

    O "COMPROMISO" COA PROFESIÓN

    . A organización do Festival de Cans valorou tamén o seu apoio a novos cineastas como Jorge Coira, Luis Avilés ou Sandra Sánchez e o seu "compromiso" coa profesión, como a primeira muller presidenta da Academia Galega do Audiovisual.

    No referente á súa faceta interpretativa, destaca a súa versatilidade, ao pasar da comedia de Pratos Combinados ao drama de Heroína ou á "fina maldade" de Francisca Montenegro en El secreto de Puente Viejo

    Unha das novidades da edición de 2014 do Festival de Cans será que o galardón coñecido até o de agora como Chimpín de Prata pasará a chamarse Premio Pepe Puíme, en memoria dun dos veciños máis implicados co certame audiovisual. Os escollidos para este premio son a veciña Divina Campos e o actor e guionista Juan Ibáñez, máis coñecido como Trancas, unha das famosas mascotas do programa televisivo El Hormiguero.

    tendencias@elcorreogallego.es

    13 mar 2014 / 20:32
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito