Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Filgueira Valverde, elección da RAG cada vez máis tensa

Os promotores de Carvalho Calero: “Apúntanse un veto” // E Fernández Lores , cualificou de “improcedente” a concesión

    Xosé María Dobarro, Manolo Pazo e Bernardo Cuétara, membros da Comisión Promotora da candidatura da figura do lingüista e escritor ferrolán Ricardo Carvalho Calero para as Letras Galegas 2015, criticaron con dureza a decisión da Real Academia Galega por rexeitar a súa proposta e elixir a Xosé Filgueira Valverde, a quen evitaron valorar na rolda de prensa que ofreceron onte en Ferrol.

    Dobarro cualificou como un "acto de inxustiza que unha persoa tan destacada como Carvalho Calero no ámbito da cultura galega quede arrinconado coma se fose un trapo ou un moble vello". E lembra que o ferrolán "hai máis anos que morreu e os méritos, como mínimo, son equiparables aos de Filgueira, por non dicir superiores".

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    08 jul 2014 / 21:09
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito