Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Final feliz con voda no último capítulo de ‘Pazo de familia’

Sara e Emilio contraeron matrimonio polo desexo da audiencia //A serie rexistrou o seu máximo de cota de pantalla, o 12,8 %

Os telespectadores de Televisión de Galicia puideron elixir por primeira vez o final dunha serie, Pazo de familia, ficción producida e creada por José María Besteiro, spin off doutra exitosa realización emitida pola TVG: Libro de familia.

A fiel audiencia elixiu entre os dous finais alternativos e decantouse polo máis feliz, coa voda de Emilio e Sara, unha opción que foi vista a noite do pasado mércores por nada menos que 115.000 espectadores, o que supuxo unha cota de pantalla do 12,8 por cento, o máximo alcanzado por esta produción durante a última tempada.

Así, Pazo de familia volveu ser a opción elixida por unha boa parte dos televidentes galegos, que se dividiron maioritariamente entre esta serie e Operación Triunfo, que emitiu A Un de Televisión Española.

Os seguidores da serie que queiran ver o outro final das historias dos Pardo Veiga poden facelo na web da Crtvg ou a través do Twitter de Televisión de Galicia na dirección @ TVGalicia.

E agora tomará a substitución desta serie a nova produción de Galiwood, Lobos e Cordeiros, unha nova idea orixinal de José María Besteiro, que conta na produción executiva con Silvia Carneiro.

Esta ficción arrincará o vindeiro mércores no prime time de Televisión de Galicia, á mesma hora que se emitía Pazo.

Está ambientada no 1898 en Ourense e o seu argumento conta a través de tres clans a historia de Galicia nos séculos XIX e XX.

É unha fcción de intriga e amores imposibles entre unha familia nobre, outra burguesa e unha terceira campesiña, cun pazo e un balneario como escenarios de fondo.

Na primeira entrega, Marta chega a Viguña para converterse na nova institutriz do fillo do marqués da casa na que traballará.

27 dic 2018 / 21:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito