Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Fixan a data de lanzamento de Red Dead Redemption 2

O xogo de Rockstar Games adía o seu lanzamento de primavera ao outono.

As grandes superproducións de Rockstar Games teñen como norma non saír até conseguir superar os seus elevados niveis de calidade, polo que algúns títulos tenden a facerse de rogar, comoRed Dead Redemption 2, que trasanunciarse o adiamento do seu lanzamento dende o outono de 2017 a primavera de 2018vén de fixar unha data de lanzamento máis tardía, e finalmentenon verá a luz até o 26 de outubro, o que podería ser unha nova bastante mala para moitos grandes xogos que sairán coa vista posta na campaña de Nadal, xa que terán que facer fronte a un dos xogos máis importantes da actual xeración de consolas.
Red Dead Redemption 2é un xogo dos creadores de grandes títulos comoGrand Theft Auto V(que pese a terse lanzado en 2013conseguiu ser o xogo máis lucrativo de 2017 xerando uns 521 millóns de dólares) e o anteriorRed Dead Redemption, que desta volta narran unha historia épica sobre o oeste americano, que desta volta contará cunha experiencia multixogador totalmente nova, que promete seguir a senda do éxito marcada porGTA Online.

02 feb 2018 / 10:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito