Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

“Fixemos moito en pouco tempo e faremos máis”

Pastor Rodríguez, candidato del PSOE en Porto do Son

"A xestión dos populares á fronte do Concello do Son foi nefasta. O Concello era un desastre e por iso o PP cambiou de candidato despois de telo proclamado porque non lles servía", apunta o candidato do PSOE á Alcaldía de Porto do Son, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría.

¿Como se está a desenvolver a campaña electoral?

Os socialistas de O Son acudimos aos mitins a explicar o programa electoral, a facer un resumo do mandato dos dous anos e medio de desgoberno do PP, e do ano e medio da nosa xestión á fronte da Alcaldía. En xeral, a campaña está sendo tranquila e cordial.

¿E qué destaca da xestión do mandato popular á fronte da alcaldía de O Son?

Primeiro hai que lembrar, que se o señor Manuel Tomé chegou a alcalde foi porque o BNG incumpriu o pacto que había en toda Galicia entre os dous partidos polos caprichos persoais da súa líder; en segundo lugar, se foi posible a moción de censura foi pola responsabilidade de Quintáns de ceder o seu posto na miña persoa, para recuperar a xestión, as normas e boas formas que deben presidir os plenos municipais. Preferiron facerlle dano ao Son deixando que gobernase o PP, e só cando a situación era insostible se prestaron ao pacto. En canto á xestión dos populares, foi unha xestión nefasta. O Concello era un desastre e por iso o PP cambiou de candidato despois de telo proclamado, porque non servía. Con isto déronnos a súa aprobación pola moción de censura.

¿Pero algo bo faría o ex-alcalde popular?

Pois a verdade é que nós non o atopamos, e o PP tampouco cando decidiu prescindir del e nin sequera o menciona na campaña electoral, parece que é unha mancha negra na vida política do PP do Son. O que fixo foi crispar a vida política coa axuda de concelleiros como Gonzalo Pérez.

¿E qué destacaría do seu mandato como alcalde?

Recordemos que son alcalde dende hai 18 meses, pero aínda así fixemos moito en pouco tempo e faremos máis co apoio dos cidadáns. A destacar no meu mandato: a posta en marcha de todos os plans que estaban paralizados (reparacións de pistas polideportivas e de parques infantís), as obras do Plan E, onde destacamos a rede wifi-wimax, o viveiro de empresas, ter elaborado o PXOM, adxudicar a casa de cultura de Xuño. Tamén as xestións para recuperar a inversión na piscina municipal, ou a presión que tivemos que facer contra a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para que o Castro de Baroña fose declarado Ben de Interese Cultural.

¿Cómo é que o acto central coa presenza do ministro de Xustiza o fixeron en Nebra?

A nosa lista é a única que aposta moi seriamente por esta parroquia ao levar dúas persoas de Nebra en postos de saída. Pedímoslle ao ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, que nos acompañase en Nebra para que a xente o coñecese e falase con el como un veciño máis. Os ministros socialistas son persoas, falan coa xente das parroquias, non necesitan que lles preparen paseos pola vila para que dean a coñecer os seus candidatos.

¿Que destacaría das persoas que o acompañan na súa lista?

Destacaría a súa preparación académica, as ganas de traballar cada un pola súa parroquia. Son xente honrada, que representan a un partido que fixo saír o Son do abandono e o levou ao progreso. Estou moi contento porque é xente con ilusión e forza para traballar polo seu concello.

¿Que resultado esperan acadar o domingo 22?

Agardamos ser a lista máis votada, posto que estamos a facer unha campaña explicativa moi completa, sen insultar a ninguén, e por suposto sen levantar calumnias, como ocorreu na pasada campaña do PP. Os veciños están acudindo masivamente aos nosos actos, e felicítannos por contarlles a realidade e non ofrecer imposibles, xa que para nós son máis importantes as persoas e as pequenas cousas que as grandes obras.

¿Haberá algo máis, para ser tan optimista?

Nós somos persoas responsables. A xente percibe moi claramente que a lista dos independentes non é máis que unha prolongación da do PP, onde se refuxiaron os partidarios de Manuel Tomé. Tamén perciben a ambición de ser alcaldesa da líder do BNG, que non lle importou que gobernara o PP antes que o PSdeG-PSOE, ademais, en canto á lista do PP actual, os propios militantes populares perciben que é unha lista con intereses no sector da construcción.

18 may 2011 / 02:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito