Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Foro na USC sobre a universidade e a a economía social

    Sentar as bases dunha colaboración estable entre a academia e a economía social de Galicia vai ser o obxectivo co que arranca hoxe o I Encontro Universidade Economía Social, que se celebra na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago. O Foro UES (Universidade/Economía Social) nace por iniciativa do Centro de Estudios cooperativos (Cecoop) e da Rede Eusumo, pero con vocación de transcendencia cara a sociedade civil. Precisamente a directora do Cecoop, Maite Cancelo, moderará unha das mesas redondas sobre liñas activas de investigación. Entre outros, intervirá tamén no foro a profesora da USC María Bastida. Clausurará a secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca Carús.

    07 nov 2018 / 20:39
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito