Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 20 septiembre 2021
08:08
h
polémica

Fortes críticas da Mesa á elección de Filgueira Valverde para o Día das Letras

Marcos Maceira di que é un "insulto" a quen loitaron polo galego "nas peores circunstancias"

    Santiago. A elección do historiador e escritor pontevedrés Xosé Filgueira Valverde como próxima figura a homenaxear no Día das Letras Galegas non conta co apoio da Mesa pola Normalización Lingüística. A "maior asociación cultural galega" esixiu onte á Real Academia Galega que rectifique o "erro cometido". A Mesa argumenta o seu rexeitamento na traxectoria política de Filgueira Valverde, "que destacou por formar parte da estrutura do réxime franquista, tanto como alcalde de Pontevedra como de procurador en Cortes". E, xa que logo, a argumentación esténdese ao dano que a ditadura fixo á lingua galega.

    "[O réxime franquista] dirixiu os seus ataques máis feroces contra a lingua e cultura galegas, con consecuencias que en gran medida padecemos na actualidade", sostén a asociación.

    O seu presidente, Marcos Maceira, dixo que o Día das Letras "ten que ser o da unidade de todo o pobo galego en torno á súa lingua". E, porén, considerou este espírito "claramente contraditorio con festexar a complicidade con quen tentou aniquilala". É máis, opina que "dedicar alegremente o 2015 a unha persoa coa súa traxectoria, é un insulto a todas as persoas que nas peores circunstancias imaxinábeis fixeron todo o posíbel para dignificar a lingua galega, pagando mesmo a súa actividade a favor do noso país e da nosa lingua coa prisión, o exilio ou a morte".

    Pola contra, A RAG di ter "unha débeda histórica" con Filguera Valverde pola asúa traxectoria profesional e contribución á lingua e impulso institucional e cultural de Galicia.

    06 jul 2014 / 21:14
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito