Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
por unanimidade do xurado

Fran P. Lorenzo gaña o Blanco Amor coa novela 'Cabalos e lobos'

O xornalista de El Correo Gallego concédelle o protagonismo a Vigo, a súa cidade natal, e narra a historia da familia Beckmann

O xurado do XXXIII Premio Blanco Amor de novela decidíu por unanimidade otorgar o galardón ó xornalista Fran P. Lorenzo pola súa obra 'Cabalos e Lobos'.

Xosé Luís Franco Grande, Camiño Noia Campos, Olivia Rodríguez González e Xosé Antonio Palacio Sánchez reuníronse na casa da Cultura de Redondela este martes e o premio será entregado nun acto público que terá lugar en Redondela o vindeiro 22 de novembro.

A novela 'Cabalos e lobos' é a primeira novela de Fran P. Lorenzo, xornalista de Cultura de El Correo Gallego, ainda que o seu traballo xa é ben coñecido na prensa e a través do seu blogue 'Un país en lata'.

Na novela gañadora do XXXIII Blanco Amor, o escritor concédelle o total protagonismo a Vigo, a súa cidade natal, e narra a historia da familia Beckmann engarzada á de Alemania e á de Europa en xeral durante o século XX. 'Cabalos e lobos' arrinca nunha noite de 1960 na que comezan a desvelarse verdades, mentiras e segredos agochados trala realidade.

11 nov 2014 / 16:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito